A escaleira / Beatriz Montero, Raul Nieto Guridi, Marisa Núñez
por Montero, Beatriz; Nieto Guridi, Raúl; Núñez, Marisa; Nieto Guridi, Raúl.
Tipo: LibroSeries: O.Editor: Pontevedra :OQO ,2012 Edición: 1ª ed.Descrición: 22 :il. col ;24cm.ISBN: 9788498713831.Materia(s): Matemáticas -- Libros infantiles y juveniles | Números -- Libros infantiles | oficios | Vida cotiá | Relacións sociais. Vida en sociedadeTipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP de Maciñeira Sala préstamo | 822C MON esc | 1 | Dispoñible | CEC181000000789 |
|
A escaleira é un conto orixinal de Beatriz Montero que recrea a adquisición da linguaxe nos nenos de pouca idade. Cada chanzo é unha pequena conquista da súa mente. O carteiro, o zapateiro, o xardineiro e o panadeiro soben a escaleira e van deixando os nomes dos seus oficios e algúns obxectos ante a porta. Deste xeito, aprenden aos poucos novas palabras e conceptos. “Non entenden todas as palabras que escoitan, pero a repetición axúdalles a gravalas na súa memoria”, subliña a escritora.
Con este conto, Beatriz Montero pretende espertar as capacidades intelectuais dos máis pequenos. Por iso, ten unha estrutura sinxela e repetitiva que facilita a memorización e o xogo de interacción cos nenos. “Subir e baixar a escaleira dota o conto dun movemento divertido, por onde pasan personaxes con diferentes oficios”.
Cada oficio é un chanzo necesario na vida cotiá, e todos son igual de importantes. O panadeiro fai o pan para comer, o zapateiro arranxa os zapatos para camiñar, o xardineiro coida as plantas e as árbores, o carteiro reparte as cartas e conéctanos cos que viven lonxe.
E como todos son igualmente importantes, todos fan o mesmo no conto: soben, chaman á porta, deixan un obxecto, e baixan a escaleira. “Coñecer as diferentes profesións axuda ao desenvolvemento social do neno nun mundo que está descubrindo”, incide Beatriz Montero.
O xogo de onomatopeas (Din-don! Din-don!), reforzado pola ilustración, dálle un ton lúdico á narración e marca un ritmo que –no caso de ser contada– permite a participación dos que a están escoitando. Respecto diso, Beatriz Montero apunta que os nenos moi pequenos necesitan que as pegadas do conto sexan reiterativas e evidentes para recordalas, memorizalas e repetilas
Narrativa
3º-4º Primaria
1º-2º Primaria