María Casares : A impaciencia por vivir / María Canosa
por Gregores, Bea; Canosa Blanco, MariÌa; Canosa, María [autor/a]
.
Tipo: ![materialTypeLabel](/opac-tmpl/lib/famfamfam/BK.png)
Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP de Maciñeira Sala préstamo | 92 CAN mar | 1 | Dispoñible | CEC181000003621 |
|
A ilustración, creada cunha particular utilización de técnicas tradicionais que combinan debuxo e cores acrílicos de gran forza, inspírase e apoiase, ademais de nos textos sinxelos e ben documentados de María Canosa, en fotos e noticias da época, así como en monumentos e edificios que aínda existen hoxe, buscando recrear o ambiente e lugares que frecuentou a autora cunhas imaxes moi recoñecibles e atractivas.
Unha biografía ilustrada perfecta para todo aquel que busque descubrir as principais facetas dunha muller única da que o 21 de novembro de 2022 se cumpre o centenario do seu nacemento.
Este libro permítenos coñecer a vida de María Casares. Aclamada e admirada como actriz en Francia, sobrepúxose ás adversidades que lle tocou vivir na súa vida persoal; a Guerra Civil e o exilio, o amor tempestuoso e tráxico con Albert Camus -un home casado e un dos intelectuais franceses máis importantes da primeira metade do século XX-, ou a morriña pola infancia feliz en A Coruña, foron o alimento da súa tenacidade por prepararse e estudar no teatro até chegar a converterse nunha icona mundial da interpretación e unha auténtica diva no senso máis amplo da palabra.